Imos comezar coa organización do torneo oficial da FGH,
a Copa Galicia,
Warning: mysql_fetch_array(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /home/marpapu/fedegalega.com/lib/database.inc.php on line 870
edición.
Esta tempada, o formato do torneo abarca a 80 equipos participantes!!!!. Entre eles, estarán os 4 semifinalistas da pasad edición da Intertoto Copa Galicia.
O seguemento do torneo farase a través da web da FGH ( www.fedegalega.com/torneo.php), que tratarei de manter actualizada en todo intre.
Farase a través da páxina de inscrición e haberá que cubrir os seguintes datos:
Esa será a única forma de inscrición, para evitar duplicidades ou malos entendidos. No caso de que existan máis de 80 equipos anotados, os equipos que queden fora da presente edición, poderán participar na Intertoto Copa Galicia. Os catro semifinalistas da intertoto terán unha plaza fixa na seguinte edición da CG. As instruccións e formato do torneo intertoto en cada edición serán publicados nas conferencias da FGH e de Galicia.
O funcionamento do torneo será o seguinte:
Na fase previa entrarán 64 equipos (incluidos os 4 semifinalistas da pasada edición da Intertoto Copa Galicia) e xogarase unha liguilla con grupos de catro equipos. Xogarán todos contra todos a 1 partido, en CAMPO NEUTRAL (a poder ser galego) e con REGRAS DE COPA (para evitar problemas cos empates a todo). O resultado que contará para puntos e golaverage será o do final dos 90 minutos, o da prórroga/penaltis só contará para desempatar. Pasarán á seguinte fase os DOUS PRIMEIROS de cada grupo. En caso de empate a puntos de dous equipos, terase en conta o partido entre eles (con prórroga se fai falla), nada de golaverages. Se os equipos empatados a puntos son 3 (ou 4), o primeiro factor para desempatar serán os puntos acadados nos partidos disputados entre eles (contando a prórroga e penaltis de ser necesario). A igualdade de puntos, contarase o golaverage nos partidos entre eles. De segui-lo empate, o golaverage xeral. E se segue (manda carallo), sorteo.
¿Non eran 80 equipos? Si, hai 16 magníficos que non participarán na fase previa do torneo. Este grupo de equipos estará composto por:
Desta fase previa sairán 32 clasificados que xogaran entre eles unha eliminatoria de 16avos de final, de onde sairan os 16 mellores equipos desta fase previa. Xogaranse en campo neutral e con regras de copa, pero non se poderán enfrontar nin os primeiros de grupo entre eles, nin equipos que veñan do mesmo grupo na fase anterior.
A fase final comezará cunha liguilla de 8 grupos de 4 equipos. Aquí estarán os 16 mellores da fase previa e os 16 magníficos que expliquei antes. As reglas para retar e como retar son as mesmas que para a liguilla da fase previa, reglas de copa e en campo neutral
Desta liguilla da fase final só sairá un campeón por grupo, é decir, 8 equipos. A partir de aquí empezarían os cuartos de final a eliminatorias ata conseguir un campeón final da Copa Galicia.
¿Cómo se conforman as eliminatorias despois das liguillas? Non existe sorteo como á hora de organiar os grupos. Os emparexemantos faranse da seguinte forma (imaxinemos 4 grupos con 2 clasificados por grupo):
Este sistema permite que o primeiro e segundo clasificado dun grupo na liguilla, non se volvan atopar ata a final, xa que no resto de eliminatorias, os cruces vanse facendo emparexando o gañador da eliminatoria 1, co gañador da eliminatoria 2,... e así sucesivamente.
Xa mismo te podes inscribir e o prazo remata o 29 de Novembro ás 20:30.
O sorteo on-line farase o
Warning: strftime() expects parameter 2 to be long, string given in /home/marpapu/fedegalega.com/reglas.php on line 208
ás
Warning: date() expects parameter 2 to be long, string given in /home/marpapu/fedegalega.com/reglas.php on line 209
(no caso da fase previa, este sorteo non incluirá os 16 magníficos).
O torneo comezará o 07 de Decembro (a fase previa corresponderase co mércores seguinte á quinta xornada de liga).
A fase final comezará unha vez rematada a fase previa que durará catro semanas, o mércores seguinte á novena xornada de liga, que se corresponde ca rolda 10 de copa.
A final será o mércores seguinte á última xornada de liga, deste xeito, os finalistas poderán participar no desafío N-S que será a semana seguinte.
O seu cálculo é ben sinxelo. Está composto por hatstats e unha puntuación que se asigna dende a organización para premiar aos máis fieles do torneo.
Un exemplo sería o seguinte: imaxinádevos o equipo Panchito que participou en 3 ocasións, quedando eliminado 2 veces na liguilla previa e sendo semifinalista noutra. Entón terá 144 hatstats + 20 + 20 + 60, en total, sumará 244 CGstats. Se ademáis, nalgunha desas edicións non se presentara a algún partido sen causa xustificada, restaránselle 30, co que quedaría con 214 CGStats.
Os retos pódeos facer calquera dos dous equipos, e tentaranse facer o antes posible para evitar problemas de última hora. Se o domingo o equipo contrario non aceptou o reto, avisarase (antes de nada) á organización. Tralo visto bo da mesma, darase o partido por gañado (5-0) e poderase buscar amigable por conta propia.
Agora mesmo non se me ocorre nada máis, pero se tedes algunha dúbida ou o que sexa, preguntade que para iso estamos.
©2006 Deseño fandixil >> Contacta