cabeceira
Inicio >>

Índice

Supercunca

Benvida á FGH

Benvido á web da Federación Galega de Hattrick. Este sitio está en pleno crecimiento co cal se agradece todo tipo de comentarios, suxerencias e críticas... pero sin pasarse ;).

A pesar de que a web pertence á Federación, tratamos en todo momento de ser punto de referencia para calquer equipo galego, sexa o seu dono supporter ou non, por eso calquera usuario cun equipo en hattrick, pode rexistrarse como membro na páxina dende a sección membros.

Outra das seccións atractivas da web é a dos torneos. Nesta sección podes atopar todos aqueles torneos que se xogan en terras galegas e nun futuro non moi lonxado, esperamos que tódolos usuarios poidan encontrar o seu torneo ideal neste índice.

.:: ::.

nova.png

24-04-2010

.:: ::.

nova.png

24-04-2010

.:: ::.

nova.png

23-04-2010

.:: XIV Copa Galicia ::.

copagaliciais1.jpg

Volve o espectáculo unha tempada máis

Unha tempada máis comeza a Copa Galicia. Xa van catorce edicións e desta vez arranca tras semena santa. Coma sempre, nestas últimas edicións, permitiránse participar a 80 equipos nesta fase previa, quedando 16 magníficos excluídos que entrarán directamente na fase final. Entre estos 80 equipos que participarán na fase final, catro proceden da Intertoto Copa Galicia e son: A-Typics, Buscalte, prodigasa e S.D. CHAPA. Estades todos invitados a participar, inscribídevos. Tamén tendes dispoñibles as reglas do torneo para esta edición. 18-03-2008

.:: XI Desafío Norte-Sur ::.

tergio.jpg

A desfacer o empate histórico 5-5

Comezan os preparativos para o XI Desafío Norte-Sur. Hai trocos na páxina para anotarse. Empregade o seguinte formulario web, que tan detallistamente nos fixo Tergio, para anotarvos.
Por favor, metede ben a ID do equipo, que usarase para os stats e todo iso, eh.
Os partidos, coma sempre, regras de copa e campo neutral. A data do desafío será, se botei ben as contas o 20 de febreiro, polo que poderemos apuntarnos ata o día 12 de febreiro ás 22.00 horas. Esa noite sacaránse os emparellamentos (para evitar que ninguén se cole no amistoso) e enviaránse os ht-mails
Máis información nos fios [Torneo] XI desafío Norte-Sur (10553630.1) da conferencia galega ou XI desafío Norte-Sur (eivai, eivai, eivai...) (10553611.1) na conferenca da FGH 20-01-2008

.:: Comeza o espectáculo da Copa Galicia ::.

copa.jpg

Arranca a XII edición da Copa Galicia

Comeza unha nova andaina da Copa Galicia, a XIII. Xa podes inscribirte ata o 4 de Decembro na páxina de inscrición. Ao seguinte dia, o 5 de Decembro, celebrarase o sorteo ás 21:30
Máis información en páxina oficial do torneo 20-11-2007

.:: IX Desafío N-S ::.

nova.png

o norte repite victoria

O norte volveu a gañar outra edición e recortan distancias no medalleiro global que segue dominando o sur por 5-4. Esta vez non houbo polémica pero si moita emoción ata o final, xa que a victoria foi axustada. 04-07-2007

.:: fandixil, novo presidente da fede ::.

axicfl.png

Prometeu un mandato de anarquía e diversión

fandixil, manager do Deportivo Xil, foi elexido novo presidente da FGH tras unhas apretadas eleccións onde todo o mundo se escaqueou o que puido ou máis. Ao fácil tivo que haber desempate con cotroso, ao que se lle gañou gracias ás suas artes persuasorias ca cúpula da federación galega.
O único que prometeu durante o seu mandato foi anarquía e diversión, e unha das primeiras medidas foi crear un bar dentro dunha cova cos partos da federación :) 21-01-2007

.:: X Copa Galicia ::.

axicfl.png

Primeira fase

Xa hai novo campeón da Copa Galicia !!!!! O Deportivo Xil!!!! Noraboa ao campeón, que tivo moita sorte na final frente a BOIRO que foi un rival moi duro. Final que tivo goles, expulsións, lesións, penaltis,... e sobre todo emoción a raudales.
Dende a organización espérase que todo o mundo se divertira e que para a próxima tempada queirades repetir.
Máis información do torneo na páxina oficial 21-01-2007

.:: VIII Desafío Norte-Sur ::.

copa.jpg

O sur gaña a edición máis emocionante do desafío

Xa está todo preparado para o VIII Desafío Norte-Sur con 162 inscritos e 59 partidos xa definidos. Agora, a demostrar quen é o mellor. Recordar que o Sur vai gañando por 5-2, tendo un parcial de 3-0 nas últimas tres edicións.
Máis información nos fios da conferencia da FGH. 03-12-2006

.:: IX Copa Galicia ::.

losgambas.gif

los gambas repite campeonato

Rematou a edición máis numerosa da Copa Galicia. Un total de 64 participantes fixeron que esta competición fose máis divertida e emocionante. Unha vez máis los gambas repite campeonato, sendo o primeiro en conseguir repetir título. Na final estivo Mostovoi Team que o intentou de tódolos xeitos, pero o campéon é case invatible cando de pon o mono de traballo.
Esta edición tivo a representantes de gran nivel como CNGalaico, Gaiteiros Garimbeiros, FC Sardomiña, xouba, Furaredes, Tyde, os propios los gambas e Mostovoi Team, Deportivo Xil, Boiro, Comocentolos, jugones con webones, stopa mix, real carballo, las estrellas de sanva, fontecuberta, toypodres, R.C. Deportivo da Coruña,...
Felicidades a todos polo gran éxito do torneo e por poñerllo tan fácil á organización. 03-12-2006

.:: Nova directiva, novos aires ::.

nova.png

A parexa SaMaeL- Moryggy

Xa temos nova directa na FGH. SaMaeL e Moryggy saíron elixidos como presidente e vicepresidente respectivamente. Xa empezaron a traballar e podedes observar o novo ambiente que hai na fede, cun montón de cargos novos (santiagués, ferrolán, vigués,...) e novos fios para torneos galegos, terapia de grupo, valoracións, demandas de xogadores,... animádevos a participar 23-08-2006

.:: VI Desafío Norte-Sur ::.

copa.jpg

O Sur conseguiu unha aplastante victoria

Se o ano pasado os equipos do sur conseguiran unha holgada victoria por 48-37, este ano volveron a arrasar con un 36-15. Con esta victoria, o sur lidera o duelo territorial por 4-2.
¿Qué escusan porán este ano os do norte? 09-08-2006

.:: VIII Copa Galicia ::.

losgambas.gif

Habemus campeón: los gambas

Tras unha emocionantísima final, los gambas conseguiu impoñerse a F.C. Sardomiña por 3-2. Felicidades ó novo campeón.
Podedes ver todos os resultados dende esta web na sección do torneo. 02-08-2006

.:: Torneos con sabor galego ::.

nova.png

Colabora co proxecto

Nova imaxe para a sección torneos, onde agora existe un calendario e un índice dos torneos que se están disputando e cales están próximos a disputarse. Estamos intentando recopilar información sobre aqueles torneos que se celebran en terras galegas: nome do torneo, datas na liga, número de participantes, edicións,... Se queres colaborar, existe un fio na federación galega, e un tema aberta no foro desta páxina ou senón, podes mandarmo ó meu correo ou a calqueira dos colaboradores da fede. 22-04-2006

.:: Antas de Ulla campeón ::.

copa.jpg

Derrotou na final ó FC Sardomiña

O Antas de Ulla consegiu alzarse co seu primer campeonato da Copa Galicia na súa séptima edición. Dende o principio sacou toda a sua artillería e mandou dende o primer minuto ante o que nada puido facer Sardomiña. 0-4 foi o resultado final.
Por outro lado, Xouba e Real Carballo xogaron un partido polo 3º e 4º posto que gañou Xouba con autoridade por 5-1. Con isto, o medalleiro desta edición quedou da seguinte forma:

  1. Antas de Ulla
  2. FC Sardomiña
  3. Xouba
Gracias a todos os participantes e colaboradores do torneo e esperamos poder repetir outra vez para o ano que ven cunha inscripción máis ampla de equipos, que este ano quedaron fora moitos. Vémonos para a próxima tempada 12-04-2006

.:: Nova imaxe da web ::.

nova.png

Gracias a Moryggy pola cabeceira

Extreamos cabeceira da web gracias a Moryggy e por fin deixamos aquela tan cutre que existía nos inicios. Ó igual que fai Moryggy, autor do logo da fede e da cabeceira da web, se calquera ten ideas para mellorar o deseño da mesma que se poña en contacto conmigo, a través dos foros abertos tanto na federación como na web, ou por htmail. O meu usuario é fandixil. 15-03-2006

.:: Escudos dos membros ::.

nova.png

Problemas nos servidores

Detectáronse algúns problemas cos escudos que subiron os membros ás suas fichas persoais. Algúns tiveron fácil solución pero outros non se puideron arranxar. Por favor, revisade os escudos na sección membros e se tendes algún problemiña con eles sempre podedes consultar no foro da federación. Recordade que o nome do ficheiro do escudo non debe conter espacios en blanco, nin caracteres raros (/, \, -, tildes,...) e a pode ser que o nome esté todo en maiúsculas ou en minúsculas. Esperemos que dentro de pouco se arranxen todos estos erros xa que a web todavía está en plena creación. :-P 14-03-2006

.:: Novo logo ::.

novologo.gif

Moryggy gañador do concurso

Xa temos gañador do concurso para o novo logo: Moryggy (joer, que nome tan complicado :-P). Podedes velo na sección galería como a proposta9. 22-02-2006

©2006 Deseño fandixil >> Contacta

Valid XHTML 1.0! Valid CSS! W3C-WAI Web Content Accessibility Guidelines 1.0