Introduce o servidor ht ao que estás conectado.

onde atopar o htserver
 
escudo III 
	 			Supercunca Supercunca galega
[ web FGH ] [ reglas ] [ inscrición ] [ xornada supercunca ] [ a irmandiña ] [ premio abubilla ] [ estatísticas ] [ sorteo ]

Reglas da Supercunca

Índice: [ Historia ] [ Inscrición ] [ Esquema ] [ Premio abubilla ] [ Torneo filial: A irmandiña ] [ Retos ] [ Datas ] [ Baremo ] [ Organigrama / Contacto ]

Historia

Nesta páxina descríbense as reglas e a estructura do principal torneo galego, a Supercunca, na súa III edición. O formato do torneo abarca a 130 equipos participantes!!!! e o seguemento (inscrición, partidos, sorteo online,...) farase a través desta web que procurarase está actualizada en todo intre.

A Supercunca nace coma a fusión das dúas competicións mais antiguas existentes en Galicia ata a data: a Copa Galicia e a Galiza Cup. Con esta fusión buscouse aunar esforzos e conseguir ter un dos mellores torneos do panorama hattrick formado por equipos galegos e simpatizantes.

Inscrición

Farase a través da páxina de inscrición e haberá que cubrir os seguintes datos:

Esa será a única forma de inscrición, para evitar duplicidades ou malos entendidos. No caso de que existan máis de 130 equipos anotados, os equipos que queden fora da presente edición, poderán participar no torneo filial A Irmandiña. Os catro semifinalistas da Irmandiña terán unha plaza fixa na seguinte edición da Supercunca. As instruccións e formato do torneo filial en cada edición serán publicados nas conferencias da FGH e de Galicia.

Esquema

O funcionamento do torneo será o seguinte:

esquema do torneo

Premio abubilla

Este premio foi herdado da Galiza Cup. Gracias a este premio trátase de premiar aos equipos que antes formalicen os seus emparexamentos. Os premios van dende unha praza fixa na 1ª fase de grupos para os 2 primeiros equipos clasificados no premio, ata a aportación de puntos directos no baremo de cada equipo na próxima edición da supercunca galega, puntos que dependerán do coeficiente conseguido no premio e non da clasificación no mesmo. Con todo esto, perséguese respetar en gran parte, o espíritu co que naceu na Galiza Cup.

Para participar neste premio é necesario que en cada xornada se introduza o id. do emparexamento na páxina do premio e ter xogado un mínimo de 4 partidos durante a supercunca. ¿Quen debe introducir o identificador do partido? Calqueira persoa. Tanto calqueira dos dous equipos que van a xogar o partido, como un membro da organización do torneo como un colaborador anónimo. Trátase de premiar a formalización temprada dos partidos. Unha vez introducido o identificador do partido, este quedará á espera do visto bo da organización, que para cada xornada deberá comprobar que sexan os correctos. De cara o premio, contarase a data na que se introduciu o identificador e non cando a ogranización o validou.

Torneo filial: A irmandiña

Este é o torneo filial da supercunca que se disputará paralelo á mesma. Foi creado para dar a oportunidade de seguir en competición aos equipos que vaian sendo eliminados progresivamente da supercunca ou que non puideron entrar por baremo entre os 130 mellores equipos inscritos. Existe unha páxina do torneo dentro da organización da supercunca para poder seguilo semana a semana.

A irmandiña tamén outorga 4 prazas directas para a 1ª fase de grupos da seguinte edición da supercunca, ademáis de permitir sumar máis puntos para o cálculo do baremo en vindeiras participacións do teu equipo na competición. Canto máis lonxe chegues na irmandiña, máis puntos obterás de baremo.

Retos

Todos os partidos deberán ser xogados en CAMPO NEUTRAL (a poder ser galego) e con REGRAS DE COPA (para evitar problemas cos empates a todo). Os retos pódeos facer calqueira dos dous equipos. Se o domingo o equipo contrario non aceptou o reto, avisarase (antes de nada) á organización. Tralo visto bo da mesma, darase o partido por gañado (5-0) e poderase buscar amigable por conta propia.

Eliminatorias

¿Como se conforman as eliminatorias? Non existe sorteo como á hora de organiar unha fase de grupos. Os emparexemantos faranse da seguinte forma (imaxinemos 4 grupos con 2 clasificados por grupo):

Este sistema de emparexamentos segue a mesma filosofía que os emparexamentos da copa hattrick.

Fase de grupos

A semana anterior de que comece cada fase de grupos, realizarase un sorte online que poderá ser seguido en vivo e en directo por todos os participantes. Tras este sorteo, constituirase a fase de grupos. Como novidade, este sorteo terá un certo de grado de dirixido, xa que á hora de elexir os equios de cada bombo, ademais do factor aleatorio, haberá un peso moi importante para que os equipos amigos entre eles poidan coincidir no mesmo grupo e fomentar o pique deportivo.

No caso da fase de grupos, o resultado que contará para establecer as clasificacións do mesmo, será o resultado final dos 90 minutos, o da prórroga/penaltis só contará para desempatar. En caso de empate a puntos:

  1. se se trata de só dous equipos, terase en conta o partido entre eles (con prórroga se fai falla), nada de golaverages.
  2. se os equipos empatados a puntos son 3 (ou 4), o primeiro factor para desempatar serán os puntos acadados nos partidos disputados entre eles creándose así como se fose unha miniliguilla (contando a prórroga e penaltis de ser necesario).
  3. se na miniliguilla entre estos equipos se mantén a igualdade de puntos, contarase o golaverage nos partidos entre eles. De seguilo empate, o golaverage xeral.
  4. se con todo esto nons e desfai o empate (manda carallo), sorteo

Cada fase de grupos segue criterios diferentes en canto aos equipos que pasan á seguinte rolda. En caso de duda, consultar a sección do esquema do torneo desta mesma páxina.

Datas

  • O prazo de inscrición remata o 26 de Xaneiro ás 21:00.
  • O torneo comezará o 03 de Febreiro (a fase previa corresponderase co mércores seguinte á quinta xornada de liga).
  • A final será o mércores da última xornada de liga. O partido entrará a formar parte do desafío N-S.

Baremo

O baremo non é mais que unha puntuación que se asigna a cada equipo para establecer un orde á hora de priorizar que equipos entran en qué fases e cales serán cabezas de serie nos sorteos online que se fan durante o torneo. O algoritmo seguido para o seu cálculo busca de premiar aqueles equipos que se esforzan por chegar o mais lonxe e que intentan arranxar os seus amigables o antes posible. Con estas medidas estase a premiar a fidelidade e o compromiso co torneo, e por ende, conseguir que a xente que participe esté mais implicada e sexa mais divertido para todos.

A puntuación final asociada a cada equipo está composta pola suma do 25% dos puntos acadados a través de htstats (peaso) e o 75% da puntuación que se asigna dende a organización por fidelización. Como se consiguen estos puntos?

Un exemplo sería o seguinte: imaxinádevos o equipo Panchito que tipo as seguintes participacións na supercunca:

A súa puntuación quedaría da seguinte maneira:

puntos que non dependen de históricos
abubillatotal fixos
00
puntos que non dependen de históricos
ediciónsupercuncairmandiña sanciónstotal edición
I2511-50-14
II2011031

En total, suma 0 puntos de abubillas, -14 da I edición da supercunca e 31 da segunda edición. Esto fai un total de 17 puntos para o baremo otorgado pola organización. Resulta que ten 200 htstats según a páxina de peaso. Tomando a fórmula 75%-25%, finalmente lle queda unha puntuación no baremo de: 200*25% + 17*75%=63. Este equipo terá un baremo final de 63 puntos. Fixarse nas dúas participacións que tivo o equipo e a importancia que ten o presentarse aos partidos ou polo menos xustificar a ausencia ao mesmo. Prácticamente con participacións idénticas, obtivo un montón de puntos mais simplemente asistindo ao partido.

Organigrama / Contacto